Arteixo | Aberto o prazo para as subvencións de actividades deportivas

1 minutes read

O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades deportivas 2020. A finalidade da convocatoria consiste na promoción e fomento do deporte, subvencionando actividades realizadas no Concello de Arteixo, apoiando ás entidades locais sen ánimo de lucro na creación ou mantemento de actividades, fomento do deporte base, deporte para todos, organización de eventos deportivos, así coma a organización de programas de fomento de actividade física saudable e aos deportistas arteixáns individuais que acreditando unha calidade inicial e unha especial dedicación á actividade deportiva, auguran unha proxección futura para o deporte de alta competición. As axudas obxecto desta convocatoria irán dirixidas a consolidar a progresión do rendemento dos deportistas. Na seguinte ligazón pódense consultar as bases:

(https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/08/03/2020_0000005181.pdf)