Arteixo acollerá unha nova edición do Festival de Sisalde


A fraga de Sisalde, un dos humedais mellor conservados da provincia coruñesa, volverá a se encher, o próximo 3 de setembro, de música e tradición nunha nova edición desta cita que combina os concertos de grupos referentes no panorama folk, cunha foliada tradicional na que os visitantes poderán atopar postos de artesanía, venda de pan, empanadas, xogos para nenos ou mostras de oficios case extinguidos.

O cartel está encabezado por tres referentes do folk. Trátase de Luar na Lubre. Astarot e D’Urria aos que acompañarán agrupacións de dilatada tradición e prestixio como a Asociación.Xuvenil Xiradela; Asociación cultural Triskel e as bandas de gaitas de Abelladeira e de Vega de Espinareda.

O cartel conta desde os seus inicios coa participación de bandas chegadas dende o Bierzo polo irmanamento que Arteixo ten co Concello de Balboa. Nesta ocasión son D’Urria e as bandas de gaitas de Abelladeira e Vega de Espinareda.

A concelleira de turismo, Patricia Amado, destaca a importancia desta cita, á que acudiron na pasada edición máis de 3.000 persoas, non só como referente cultural e musical senon como medio para poñer de relevo a riqueza natural de Sisalde e a importancia da súa conservación.

O Festival comezará ás 12 do mediodía e o reparto de mesas e sillas a partir das 9:00 horas. Os asistentes disporán postos nos que comer e beber. Os que o desexen poden levar a súa propia comida e disfrutar igualmente da festa.