Arteixo acolleu un encontro intermunicipal para definir estratexias territoriais conxuntas

De esquerda a dereita: Rocío López (concelleira de Promoción Económica da Laracha), José Ramón Rioboo (alcalde de Culleredo), Carlos Calvelo (alcalde de Arteixo), José Manuel López Varela (alcalde da Laracha), Luz María Villa (viceinterventora de Arteixo), Evencio Ferrero (alcalde de Carballo) e Antonio Alfeirán (Comisionado de Mobilidade da Coruña).

O concello de Arteixo organizou este martes unha reunión cos alcaldes e representantes dos municipios lindeiros, unha sesión de traballo para coñecer que temas e desafíos consideran os municipios veciños que Arteixo debería de incorporar no debate da súa propia estratexia territorial, e que tipo de proxectos se poderían acometer de forma conxunta entre todos os concellos.

Con este obxectivo, nesta primeira reunión preparatoria estiveron presentes os edís da Laracha, José Manuel Löpez Varela, Carballo, Evencio Ferrero, e Culleredo, José Ramón Rioboo, ademais do Comisionado para a Mobilidade do concello da Coruña, Antonio Alfeirán. A mesa de traballo estivo presidida polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo.

A reunión serviu para coñecer que temas ou desafíos ten expostos os municipios veciños nas súas respectivas axendas urbanas ou similares, que consideran que valería a pena traballar de maneira coordinada. O encontro tamén se aproveitou para incrementar o coñecemento mutuo entre os concellos veciños, os obxectivos que ambos teñen expostos e crear unhas condicións favorables que permitan que uns municipios veciños e autónomos a nivel competencial poidan converterse, sen renunciar á súa autonomía, senón partindo dela, en concellos cooperadores.

Os municipios presentes xa están vinculados por diversas interdependencias e existe unha comunicación en curso a través da que se está traballando en temas industriais, de loxística e de mobilidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha