Arteixo activa o Punto Violeta a prol da prevención da violencia de xénero

A experiencia comezou durante as pasadas edicións da Feira Histórica 1900 e repetiuse durante as festas do Santiago Apóstol celebradas a pasada semana. Durante as festas, o CIM de Arteixo mantivo un Punto Violeta cun amplo horario de atención como unha actividade máis da programación festiva.

A concellaría de Igualdade, dirixida por Inés Ramos, aposta por consolidar este recurso, pois esta é a terceira vez que se instala no último ano. O obxectivo é sensibilizar e informar contra as agresións sexistas nas festas e na sociedade en xeral.

O stand, que contou con gran éxito de público e participación nas actividades, ofrece información, materiais divulgativos e nesta ocasión unha camiseta co lema «Arteixo por unhas festas libres  de agresións sexistas. Así mesmo aproveitamos para difundir o Centro de Información ás Mulleres e facer unha pequena enquisa para recoller propostas e saber o grado de coñecemento do CIM. Recibimos centos que teremos en conta na programación de próximas actividades”, explica.

Nesta ocasión contouse tamén cunha colaboración da Xunta de Galicia, que  instalou un stand dentro da campaña de Agresións OFF.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha