Arteixo adica 66.000 euros en axudas ás empresas creadas en 2020

O Concello de Arteixo concede 22 axudas á creación de empresas. Son 3.000 euros para cada nova empresa que se creou no municipio este ano tal e como recolle o Plan Municipal de Promoción do Emprego co que se pretende impulsar de forma activa a creación de postos de traballo. 

Trátase de axudas a autónomos ou empresas que se creraran no concello en 2020. A axuda abarca o 50% dos gastos de posta en marcha e funcionamento dos tres meses anteriores e posteriores ao inicio da actividade, cun máximo de 3.000 € por beneficiario. 

O Departamento de Promoción e Desenvolvemento que dirixe Ángel Vázquez asesora aos  novos proxectos de negocio, axuda e orienta aos futuros emprendedores en todos os aspectos relacionados coa nova actividade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha