Arteixo | Agarimo mellorará a inserción laboral dun cento de mozos

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, salientou en Arteixo o alto grado de inserción laboral dos programas integrados de emprego que desenvolve, co apoio da Xunta, a asociación Agarimo. Este martes tivo lugar a entrega de diplomas da última edición desta iniciativa á que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinou máis de 255.000 euros para formar durante un ano a un cento de mozas e mozas pertencentes a colectivos vulnerables desde o punto de vista social, económico e cultural. Lado puxo en valor o traballo que neste senso realiza Agarimo con máis de 40 anos de experiencia atendendo a grupos de mozos que se encontran nunha situación de vulnerabilidade. De feito, vén de obter a certificación Aenor pola súa actividade de xestión e impartición de formación profesional para o emprego.

O programa integrado de emprego que vén de rematar permitirá a mellora das oportunidades laborais dun cento de mozas e mozas en dous sectores cunha gran demanda de traballo: restauración e aloxamentos turísticos. Estes programas son, en palabras de Lado, instrumentos que se demostran efectivos para mellorar a inserción laboral das persoas sen emprego, ao ofrecer un plan estratéxico de formación e información, orientación e asesoramento para favorecer a posibilidade de atopar un traballo por conta allea ou impulsar un proxecto emprendedor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha