Arteixo anuncia unha nova edición do «Outono Cultural»

A Concellaría de Cultura pon en marcha, un ano máis, o seu programa «Outono Cultural», un dos de máis aceptación entre a veciñanza e que ofrece a posibilidade de disfrutar de distintas linguaxes escénicas da man de compañías e grupos fortemente consagrados no panorama artístico galego e nacional.

Teatro, Música, Cinema e Monólogos son algunhas das disciplinas que se desenvolverán durante os meses de outubro, novembro e decembro nos Auditorios de Arteixo e Meicende.

O programa arranca o venres 27 de setembro co espectáculo de danza «Todo é Percusión» e continuará o sábado 28 co XX Encontro de Bandas de Música no que participarán, ademáis da Banda de Arteixo, as de Abegondo e a Asociación Musical de Guardo, de Palencia.

Nas citas dos próximos meses atopamos ademáis a presentación de «A secreta melancolía da garza» o libro que recolle os textos gañadores e finalistas das edicións 2016 a 2018 do Certame Manuel Murguía que tamén presentará a súa nova edición nestas datas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha