Arteixo aproba en pleno un cambio na ordenanza fiscal que regula a recollida do lixo


A modificación suporá unha rebaixa do prezo que marca a taxa municipal para as vivendas, en 98 euros actualmente, que se se situará en 94 euros.

O Concello traslada así un ano máis aos veciños o canon que a administración paga a Sogama en concepto de tratamento do lixo. O Concello tamén terá un ano máis unha rebaixa do que paga a Sogama polo tratamento da tonelada de basura, que supón dentro do custe xeral da recollida de residuos do concello de Arteixo preto dun 4% de aforro para o municipio xa que Sogama é unha das partidas dentro desa conta xeral de gastos. A porcentaxe trasládase ao recibo do veciño.

Esta rebaixa prodúcese na liña iniciada tras a municipalización do servizo de recollida onde o concello se comprometiu a trasladar aos recibos da veciñanza calquer aforro no coste do servizo.

Arteixo xa aprobara en 2018 outra rebaixa no pleno municipal cando municipalizou o servizo de recollida de residuos e a nova ordenanza fixaba en 98€ anuais a tarifa para as vivendas fronte aos 125,84€ que cobraba o Consorcio das Mariñas.