Arteixo | As obras obrigan a cortar o tráfico na zona da glorieta da ITV en Sabón

1 minutes read

As obras que se levan a cabo na Avenida da Deputación obrigarán a cortar o tráfico durante tres semanas entre a glorieta da ITV e a Avenida de Arsenio Iglesias. As restriccións comezaron este martes ás 8:00 horas e restablecerase o tráfico o 26 de agosto ás 19:00 horas. O dispositivo de tráfico empregará sinais de preaviso situadas a 300 metros da chegada ás glorietas advertindo do corte e expoñendo itinearios alternativos que se basan en bordear polas perpendiculares o vial. O corte é imprescindible para poder traballar en condicións de seguridade durante a execución das excavacións das arquetas dos decantadores hidrodinámicos así como nas arquetas dos aliviadoiros que representan unha ocupación en planta por movemento de terras de 6×4 mts e 5×5 mts o que fai inviable a súa execución a tráfico aberto mantendo o dobre sentido da circulación. As profundidades da excavación e o tráfico pesado ou lixeiro xeraría descalces nos muros ou soleras das parcelas colindantes.