Arteixo | Asinada a acta de replanteo da ampliación da avenida da Deputación en Sabón

Este venres asinouse a acta de replanteo para a execución das obras de ampliación da avenida da Deputación, en Arteixo, que mellorarán o acceso ao polígono de Sabón. Os traballos, que suporán un investimento autonómico de 5,8 millóns de euros, iniciaranse despois das festas do Nadal.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e cos representantes empresariais do polígono industrial, coincidindo co sinatura do documento por parte da dirección da obra da Xunta e a empresa adxudicataria, Copasa.

Este é o derradeiro paso administrativo antes do inicio efectivo desta actuación, impulsada a través do convenio de colaboración entre a Xunta, que financia e executa as obras, e o Concello de Arteixo, que pon á disposición os terreos necesarios e manterá a actuación, unha vez rematada. As obras contan cun prazo de execución de 20 meses.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha