Arteixo aumentará as frecuencias e o ámbito territorial de 3 liñas do autobús municipal 

1 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, firmou este acordo co alcalde, Carlos Calvelo, e o representante da empresa Autos Carballo, Carlos Varela. En preto de 2 semanas, tan pronto se fagan todas as adaptacións tecnolóxicas necesarias e se cargue toda a información para os usuarios, poñeranse en marcha estas melloras no sistema de autobús municipal de Arteixo. Estes novos servizos se prestarán de luns a venres e para o seu financiamento o Concello incrementará a súa achega ata máis de 105.000 € anuais, un total de 422.000 € nos 4 anos de vixencia do novo convenio. O obxectivo é incrementar os servizos entre as distintas parroquias, tanto na súa extensión territorial, como en frecuencias, tendo en conta que este sistema de autobús municipal viu aumentada a súa demanda un 73 % desde o seu inicio, sendo empregado na actualidade por máis de 232.000 usuarios cada ano.