Arteixo | Comeza a construción dunha nova senda peonil dende a zona escolar ata O Rañal

1 minutes read

A empresa adxudicataria do contrato comezou as obras dunha senda peonil de 900 metros de lonxitude que nace na rotonda ubicada ao carón do IES de Sabón e discorre pola marxe esquerda da Avenida de Arsenio Iglesias ata chegar á travesía de O Rañal. Serán 9 meses de actuación. 

Os traballos serven para unir peonilmente a Avenida de Arsenio Iglesias co núcleo e a praia de O Rañal despois de que xa se construiran beirarrúas na intersección de O Rañal e ata as sendas da zona escolar. 

A obra require un desbroce previo da cuneta da estrada e a construción da acera. Nalgúns tramos, a empresa que realice a obra deberá levantar un muro de contención en varios tramos para consolidar o terreo. 

Ata o de agora os peóns estaban obrigados a transitar polo arcén neste tramo de 900 metros, un problema que tamén resolverá esta obra que permitirá chegar á zona escolar e ao paseo fluvial do Río Bolaños. A nova beirarrúa medirá dous metros de ancho. 

O proxecto destaca que esta rúa «non ten zona delimitada para o tránsito peonil» e que o obxectivo da actuación é que os paseantes dispoñan dun espazo seguro e cómodo polo que camiñar.