O Concello de Arteixo comezou este venres a construción do novo complexo de piscinas que darán servizo aos cerca de 8.000 veciños da parroquia de Pastoriza, onde se inclúe o núcleo urbano de Meicende. O Concello destina 4.175.000 euros á construcción do edificio e 773.000 euros á urbanización da nova zona verde.
As novas instalacións estarán na zona verde próxima ao encoro de Meicende e pretenden ofrecer aos veciños da zona un novo equipamento deportivo e de ocio.
A piscina elevarase sobre unha zona de 23.000 metros cadrados dos que 5.700 serán edificables; 3.600m2 serán para aparcamentos e 13.700m2 para zona verde. A actuación servirá ademáis para acometer un pequeno paseo fluvial que conectará, cunha senda peonil, as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova piscina. A instalación disporá de ximnasio e espacio para outras actividades deportivas.