O Concello de Arteixo acaba de comezar a construcción da nova potabilizadora e o novo depósito que permitirán potabilizar a auga do encoro de O Rexidoiro, en Sabón. As obras durarán un ano e corren a cargo da empresa Esiña Obras Hidráulicas que foi a que gañou o concurso público convocado pola administración.
A nova infraestructura costará preto de 2 millóns de euros dos que 1,5 millóns corresponden á potabilizadora e 409.000 € ao novo depósito que terá unha capacidade de 4.000m3 e situarase ao carón doutro antigo de 20.000m3.
O obxectivo e conseguir que a auga de Sabón, non apta actualmente para consumo humano, sexa potable e asegurar así as necesidades futuras do municipio. Con esta inversión, a poboación do concello e as novas infraestructuras instaladas no entorno como o porto exterior ou o polígono de Sabón, terán cosumos asegurados para dúas décadas.
A inversión na potabilizadora ten como eixes principais a eliminación de algas e filtración da auga para eliminar todo tipo de impurezas. Para loitas contra as algas ensaiarase un novo sistema de ultrasóns, pioneiro en España e que consiste en colocar no medio do encoro aparatos flotantes que a través dos ultrasóns eliminan as algas en orixe.