Arteixo | Comezan os traballos de conservación na glorieta elevada de Sabón

A actuación, que inicialmente terá unha duración de dúas semanas, céntrase no pintado das partes metálicas da citada glorieta, o que obrigará a cortes na circulación do tráfico.
Para evitar no posible o impacto dos traballos na circulación, as obras nos dous aneis da glorieta realizaranse en distintos tramos horarios e estarán debidamente sinalizadas.
Na rotonda inferior, executaranse no horario que vai dende as 8:30 horas ás 21:30 horas, manténdose durante a xornada a circulación en certos carrís. A circulación manterase polo anel superior, que non estará afectado.
As tarefas continuarán na rotonda superior, xa en horario nocturno, entre as 21:30 horas e ata as 6:30 horas. Neste horario quedará cortado o tráfico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha