25
O Concello de Arteixo comezou os traballos para a construcción da nova senda de Laxobre que terá 300 metros de lonxitude e que pretende mellorar e adecuar a seguridade vial da estrada CM-0295.
A obra, cun orzamento de 200.000 euros, mellorará de forma significativa a comunicación entre a poboación residente do núcleo de Laxobre.
O proxecto inclúe a instalación das canalizacións necesarias así como a eliminación de postes de formigón e o soterramento do cableado aéreo. Tamén se renovará a iluminación e a mellora do firme e ampliación da plataforma para mellorar a seguridade da vía que soporta unha elevada carga de tráfico.