Arteixo | Comezou o desbroce de 350 km de camiños municipais

O Departamento de Medio Ambiente de Arteixo acaba de poñer en marcha o primeiro período de desbroces que acomete cada ano e que finalizará en xuño, afectando a preto de 350 km de camiños públicos de competencia municipal.

Catro tractores participan nestas tarefas que se realizan dúas veces cada ano e que tamén levan a cabo accións puntuais unha terceira vez dependendo do uso e perigosidade da maleza en caso de incendio ou as dificultades que entrañe para peóns e vehículos. 

O concelleiro Víctor Merelas explica que “a actuación ten unha doble vertiente, posto que ademáis de establecer medidas preventivas contra o lume, tamén serve para mellorar o tránsito dos turismos e peóns”.

As especies que se poden eliminar dos camiños son “toxo, silva, fento, xesta, uz, carqueixa e queiruga”, mentres que o estrato herbáceo debe ser menor de 20 cm de altura para que cumpla as recomendacións autonómicas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha