Arteixo conta cunha nova APP que axudará a detectar situacións de violencia de xénero


Conecta CON SENTIMENTO é unha APP con información e recursos acerca da violencia de xénero dirixida principalmente á xuventude de Arteixo, que pode descargarse nas plataformas de iOS e Android.

O obxectivo desta aplicación é a abordaxe e a detección de indicadores de abuso nas relacións de parella, dos mitos do amor romántico e da importancia de manter relacións igualitarias e libres de machismo.

A aplicación permite que a rapazada poida analizar de xeito anónimo e por si mesmos/as ás súas relacións de parella e tirar as oportunas conclusións.

Dispón dun apartados de suxestións e consultas directas co CIM que serán tratadas de xeito totalmente confidencial. Conta tamén cun apartado onde se recollen os outros recursos aos que acudir no caso de ser preciso.

Esta nova ferramenta chega na semana de actos con motivo do 25N co que trátase de concienciar á población sobre a necesidade de erradicar a violencia machista e de traballar en igualdade.