Arteixo contará cun espazo de innovación e novas tecnoloxías no CEIP Ponte dos Brozos

1 minutes read

O concello de Arteixo construirá dentro do colexio Ponte dos Brozos un novo espazo adicado a proxectos de innovación e novas tecnoloxías que poderá ser utilizado polos alumnos e profesores do centro e dos diferentes centros educativos do municipio.

O goberno local e a dirección do colexio mantiveron novas reunións para definir un proxecto que contará cun investimento próximo aos 120.000 euros, enmarcarase dentro do programa educativo Arteixo Innovación e estará situado nun dos edificios do colexio ocupando cerca de 120 m².

O concello acometerá nese espazo unha obra para adecuar o inmueble a usos que o convirtan nun laboratorio de innovación polivalente. Inés Ramos, concelleira de Educación, sinala que “a idea que tratamos co grupo de docentes e a dirección do colexio pasa por adecuar un espazo no que se poidan instalar un club de ciencias. Un estudo de grabación audiovisual ou unha denominada aula de futuro, que serán ferramentas para que docentes e alumnos profundicen nos ámbitos educativos relacionados coas novas tecnoloxías”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?