Arteixo contará cunha nova rotonda para regular o tráfico na zona de Candame


O Concello de Arteixo publicou este xoves no BOP o inicio dos trámites para completar o desenvolvemento urbanístico da contorna de Candame. Inclúese a construción dunha nova rotonda que permitirá axilizar a entrada e saída do tráfico da zona. Para iso o Concello impulsará o desenvolvemento urbanístico da denominada Unidade de Actuación 3 (UA-3). Dese xeito obteranse os terreos necesarios para este proxecto sen necesidade de recorrer á expropiación. Coa nova glorieta axustaranse os desniveis e recuperase unha zona verde no núcleo central da mesma.