25
As obras de conservación que está a executar a Xunta na glorieta elevada de Sabón, en Arteixo, fan necesarios cortes de tráfico na tarde deste mércores.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a realizar estes días traballos de pintado da estrutura metálica da glorieta.
Para avanzar nestas tarefas, serán precisos estes peches puntuais de tráfico que se levarán a cabo na parte superior da rotonda, no horario comprendido entre as 15 e as 23 horas.
A partir deste xoves, 2 de setembro, prevese avanzar nos traballos restantes desde fóra da calzada co obxectivo de minimizar a afección ao tráfico.
