Arteixo creará un novo organismo público para a xestión do tratamento da auga

Billa de auga_PIXABAY

Arteixo contará cun novo organismo público para a xestión dos sistemas de abastecemento e saneamento do municipio. O executivo local elevará esta proposta a pleno o 30 de setembro próximo. O novo organismo denominarase Servizos Urbanos Municipais de Arteixo e constituirase con un funcionamento similar á empresa pública de Emalcsa en A Coruña.

O Concello da este paso porque é preciso reformular a estrutura organizativa pública que agora xestiona todos os sistemas de auga do municipio diante da posta en marcha do polígono de Morás, a construcción dunha nova potabilizadora no encoro de Sabón ou o progresivo aumento da actividade industrial no Porto Exterior.

O novo organismo será creado co 100% do capital público e no mesmo terán representación todos os grupos políticos do pleno.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha