Arteixo | Cultura anuncia o seu programa “Manuel Murguía”


Exposicións, teatro, ou a inauguración do Paseo das Letras son algúns dos actos programados pola Concellería de Cultura de Arteixo con motivo do 30º aniversario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. 

Durante todo o mes de maio celébranse diferentes actividades culturais que comezan este venres día 7 coa posta en escena de O Camiño. Un espectáculo de “Sestrelo” que combina fotografía, vídeo, presentación teatralizada, canto e música e que supón un percorrido polas diversas rutas xacobeas.

Para todos os públicos. As entradas, a  6 € e 4,50 €, pódense adquirir o día da función de 11:30-13:30 e de 18:00-20:00 h na billeteira do CCC de Arteixo ata completar a capacidade da sala.