Arteixo dálle a benvida ao 24

fls

O pleno da corporación de Arteixo deu o visto e prace definitivo ao convenio que permite a extensión dunha nova liña de bus urbano da Coruña a territorio de Arteixo.

Trátase da liña 24, que se internará dous quilómetros e medio neste concello para dar servizo con varias paradas aos veciños de Montegolf e Cornisa.

É a segunda liña dos autobuses urbanos coruñeses que se adentra en Arteixo, desde que en 2015 a liña 6 incorporase a Meicende no seu percorrido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha