Arteixo e Axencia Galega de Doazón de órganos e sangue aúnan esforzos


Galicia precisa cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter os niveis óptimos nos hospitais da comunidade. Diso encárgase a Axencia Galega de doazón de órganos e sangue que comezará en Arteixo unha campaña que se extenderá, posteriormente, a todo o territorio galego. 

Trátase de achegar información sobre a doazón aos máis de 16.000 veciños que practican algún deporte, ben sea a través dos clubes do concello, ou nas distintas actividades deportivas municipais.

Nas próximas semanas distribuiranse folletos informativos para desembocar nunha intensiva campaña de doazón que se achegará, coas unidades móbiles da Axencia, a Meicende, Vilarrodís, Oseiro, Pastoriza e Arteixo.