Arteixo | Eliminado un punto de vertido de augas residuais ao encoro de Rosadoiro en Oseiro

0 minutes read

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, que desenvolve Augas de Galicia, localizaron este foco que infiltraba ao terreo nas inmediacións dun rego que desemboca no encoro de Rosadoiro, en Oseiro.

Augas de Galicia solicitoulle ao Concello a realización das actuacións necesarias para eliminar estes aportes contaminantes.

O Concello de Arteixo procedeu á reparación da rotura no colector municipal, carencia que estaba a ocasionar o filtrado.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos levaron a cabo unha nova inspección de seguimento, confirmando a emenda do vertido tras a substitución do tramo de colector afectado.