Arteixo | Empregados de Jevaso protagonizaron unha manifestación por Sabón na defensa dos seus dereitos

1 minutes read
  • Reclaman que non se lle merme o seu salario e que se lles respecte o pactado.
  • Representantes dos manifestantes afirmaron que ‘a empresa saíu a falar, pero sen ganas de negociar nada’.
  • Só na planta de Sabón traballan preto dunhas oitocentas persoas fixas, a maiores das das ETT.

Todos os empregados de Jevaso en Arteixo, Madrid e Barcelona saíron este luns de madrugada á rúa pola diminución dos seus soldos. O asunto é que tras a aprobación do novo convenio colectivo o pasado mes de outubro que prevía un aumento dos salarios, a compañía optou, indican desde os sindicatos, por absorber e incorporar ás nóminas complementos que tiñan por encima do convenio, en función das quendas realizadas ou de diferentes pluses.

Dende a UXT afirman que «as reunións e comunicacións internas convertéronse en monólogos sen respostas. As solicitudes formais, os correos electrónicos e as preguntas formuladas polos traballadores e traballadoras case sempre rematan en silencio ou con evasivas».

Os empregados da firma explican que «deste xeito, hai compañeiros que cobraron cen ou douscentos euros menos. Así chegan ao salario mínimo garantido que lle manda o convenio. O que demandamos é ter a suba salarial que se pactou, pero que non nos absorban estes complementos que tiñamos por dereito».

«Mentres os beneficios das empresas aumentan, os salarios estancanse ou mesmo diminúen. En plena aprobación do novo Convenio Colectivo Téxtil, que se supoñía que traería melloras para a forza laboral, Jevaso buscou todas as escapatorias posibles para facer o contrario: absorber pluses, eliminar complementos e reducir o que antes era un dereito adquirido», conclúen.