Arteixo | Falece a muller que foi evacuada por un escape de gas en Chamín


Unha das dúas persoas que foron trasladadas este domingo ao hospital por un escape de gas nunha vivenda en Chamín, Arteixo, faleceu, segundo fontes da investigación. A vítima mortal é unha muller de 58 anos, mentres que o home que presentaba síntomas de intoxicación continúa en estado grave.

Os feitos ocorreron sobre as 12:00 do domingo, momento en que os membros do equipo médico chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización das súas ambulancias ata a Travesía de Chamín, para atender dúas persoas que estaban inconscientes e con dificultades respiratorias.

Foron os bombeiros os que constataron que as medicións para monóxido de carbono eran positivas. Todo parece indicar que a mala combustión dun calefactor puido provocar o suceso.