Arteixo modifica as restriccións horarias en todos os núcleos de menos de 5.000 habitantes

Foto.- Cedida.

O Concello ven de editar un bando da alcaldía no que se modifican as restriccións horarias para saír a pasear ou facer deporte que rexían ata o de agora. 

Ademais das parroquias que non superan os 5.000 habitantes, isto é: Armentón, Barrañán, Chamín, Lañas, Larín, Loureda, Monteagudo, Morás, Sorrizo e Suevos.

Amplíase á parroquia de Pastoriza, a cal engloba, entre outras, varias poboacións como Pastoriza, Meicende, ou o Quinto Pino, que teñen entre elas o suficiente distanciamento xeográfico para que non presenten riscos engadidos para a súa poboación.


Tamén se amplía á parroquia de Oseiro, a cal igualmente engloba varias poboacións como Vilarrodís, Oseiro ou Rañobre, que se atopan na mesma situación que as anteriores.

E dentro da parroquia de Arteixo, non se aplicarán as franxas horarias no núcleo de poboación do Rañal, separado do casco urbano en varios quilómetros, o cal é apto para poder quedar exonerado do requisito de franxas horarias nas actividades arriba relacionadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha