Arteixo | Morás terá un aparcamento específico para camións

1 minutes read

Arteixo disporá no polígono de Morás un aparcamento específico para camións. Será nunha parcela de 7.000 m2 xa urbanizada na que tamén haberá baños públicos. Con esta iniciativa darase servizo aos camións que abastecen ás empresas do Polígono de Sabón e que próximamente tamén darán servizo ás empresas que se ubicarán no Polígono de Morás. 

A Policía Local da conta dun aumento importante de incumprimentos á hora de aparcar no Polígono de Sabón, sobre todo de camioneiros que proceden do extranxeiro. Con esta nova infraestructura o concello pretende unificar a situación dos camións dos polígonos de Sabón e Morás e, deste xeito, centralizar as estancias dos transportistas nun só lugar. 

O Concello xa iniciou hai uns días a mellora das infraestructuras que atravesan ambos polígonos coa construcción dunha senda peonil, de 900 metros de lonxitude, que nace na rotonda ubicada ao carón do IES de Sabón e discorre pola marxe esquerda da Avenida de Arsenio Iglesias ata chegar á travesía de O Rañal. Serán 9 meses de actuación e unha inversión de 335.000 €. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?