A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Arteixo quere que o seu programa «Cultiva o teu lecer» non se pare por mor do estado de alarma causado pola pandemia ocasionada polo COVID-19.
O departamento de dirixe Inés Ramos mantén abertas todas as actividades do programa “Cultiva o teu lecer”, de forma telemática, na páxina de Facebook do Concello.
Cada día, ás 11 da mañá, impartiranse clases, a través de vídeo, de estimulación articular para cuidar o corpo e manter hábitos saudábles básicos para o benestar físico,psíquico e emocional, así como clases de modalidades artísticas.
Pola tarde noite, ás 21 h, haberá clases de diferente modalidades artísticas como bailes de salón, danzas do mundo, baile moderno, hip-hop, pandeireta, expresión teatral, pintura, manualidades, labores ou bolillos, entre outras.