37
A piscina municipal de Arteixo non pasará recibo algún aos seus 6.577 usuarios ata que o centro reanude a súa actividade con normalidade.
As cotas estarán conxeladas e o centro bonificará todos os servizos pagados e non disfrutados como o abono mensual, cursos, grupos reducidos ou adestramentos personais.
Cada usuario paga de media 25’46 €.
O centro deportivo non obstante, permanece activo nas redes sociais e ofrece, cada día, máis de 300 actividades a través da súa App e clases en directo no seu perfil de Instagram onde tamén ofrece un servizo de nutrición.