Arteixo | O ciclo «A saúde das mulleres» trasládase ás redes sociais do Concello

Trátase dunha campaña, elaborada en colaboración coa educadora social Miriam Viñán, que se desenvolverá, nesta ocasión e debido ás restriccións provocadas pola COVID-19, nas redes sociais do Concello. 

O ciclo «A saúde das mulleres» desenvólvese dende o ano 2019 abordando distintos aspectos que afectan de forma específica á saúde das mulleres durante todo o ciclo vital. Preténdese así promover o benestar das mulleres a través do autocoidado e a promoción da saúde aportando información e sensibilización.

Entre outras, estas charlas, trataron temas como a endometriose, o cancro de mama, o parto respetado ou as desigualdades de xénero. 

Serán catro días con vídeos, carteis e mensaxes en facebook, twitter e Instagram no que se plasmarán diversos aspectos relacionados coa menstruación e nos que se recomendará aos seguidores lecturas para romper tabús e tratar abertamente a menstruación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha