Arteixo | O Concello finaliza o muro de contención da Rúa Maizales

0 minutes read

O Concello de Arteixo finalizou a obra da nova estructura de contención que se levou a cabo na rúa Maizales en Vilarrodís. Os traballos realizáronse debido ao progresivo deterioro que a rúa sufriu nos últimos anos e que desembocara na existencia de grietas na calzada. A rúa quedou así asegurada tras unha inversión cercana aos 300.000 euros. Esta actuación complétase coa futura construcción dunha nova área verde, de 5.000 m2, na parcela adxacente á rúa Maizales que o Concello vén de comprar por un total de 35.000 Euros.