32
Volve a Feira do Galo de Arteixo despois do parón obrigado pola pandemia. Será coas medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias como a máscara e a distancia de seguridade.
A cita, tradicional en Arteixo desde 1992, será coma sempre no sábado anterior á Noiteboa. O día 18, desde as 10 da mañá con pasarrúas desde as 10.30 h na Praza do Balneario e pregón, a cargo de Luis Zahera, ás 13:00 horas.
A entrega de premios e sorteo de galos está prevista ás 13.30 horas.