Arteixo programa campamentos educativos para o Nadal

Programa Navidad

  • A música e o mar centran parte da temática

O Concello de Arteixo anunciou os campamentos para rapaces de cara ao Nadal. Trátase de actividades para o alumnado que cursa Infantil e Primaria, e que está empadroado no municipio. O prazo para formalizar a preinscrición será entre o 1 e o 10 de decembro.

A música e o mar centran parte da temática desta oferta, que se divide en dúas quendas: a primeira será os días 23, 28, 29, 30 de decembro; e a segunda os próximos 4, 5 e 7 de xaneiro. O horario será de 10:00 a 14:00 horas.

Todos os participantes deberán presentar unha declaración responsable donde garantan que durante os 14 días previos á entrada no campamento a persoa participante non ten sufrido tos, febre ou malestar xeral e que non estivo en contacto con alguén que presentara dita sintomatoloxía.