Arteixo recibe unha moto acuática para atender emerxencias en zonas de costa

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Ribeira tres motos acuáticas con remolques que permitirán aos servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate. Desta vólta, os concellos de Ribeira, Arteixo e A Guarda recibirán cadansúa moto acuática que súmanse ás seis concedidas xa o ano pasado aos concellos de Ortigueira, Cervo, Sanxenxo, Muros, Ponteceso e á Mancomunidade do Val Miñor.

Segundo indicou Alfonso Rueda, este equipamento de rescate e salvamento acuático en zonas de costa servirá de complemento aos medios de rescate dos que dispoñen Salvamento Marítimo e Gardacostas. Ademais, trátase de embarcacións de gran efectividade para rescates en zonas de pouco calado, con ondas ou fortes correntes e áreas con fondos rochosos.

O vicepresidente da Xunta destacou o importante labor que leva a cabo cada día o persoal de emerxencias para velar pola seguridade da cidadanía e, por iso, incidiu en que as administracións deben corresponder a ese compromiso e entrega garantindo que o material do que dispoñan sexa o axeitado para realizar o seu traballo nas mellores condicións.

Esta entrega da continuidade á folla de ruta iniciada para mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias en calquera punto da comunidade galega mediante a dotación de máis material e equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES). O Goberno galego tamén mantén a aposta pola formación actualizada no eido das emerxencias que se imparte de forma centralizada desde a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha