Arteixo reclama ao Goberno central que inclúa a ligazón de Meicende nos Orzamentos

El alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, levou ao pleno, en nome do Goberno municipal, unha moción para reclamar ao Estado que volva incluírse nos Orzamentos Xerais unha partida para a ligazón de Meicende, co obxectivo de eliminar o tráfico pesado desta localidade. Calvelo afirma que coa construción da autovía do Porto Exterior abriuse “unha posibilidade” de aproveitar esa nova infraestrutura para aliviar ese tráfico a través da construción por parte do Ministerio de Fomento dunha conexión a esa autovía coa AC-415, eliminando tamén a peaxe da AG-55 en Pastoriza.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha