Arteixo | Sanción a un local hostaleiro que ofrecía ceas de forma ilegal

0 minutes read

A policía local de Arteixo realizou unha intervención contra un local que ofrecía cenas de forma ilegal. Os axentes interpuxeron denuncias contra a propietaria do local e contra os tres comensais que estaban no interior. 

A policía interviu despois de observar como varias personas entraban no local despois de levantar a verxa que simulaba estar pechada.

A propietaria do local podería ser sancionada con ata 6.000 euros de multa e o precinto e peche do local, segundo a normativa instaurada pola Xunta. Os comensais poderían tamén ser sancionados con 200 € cada un.