Arteixo | Servizos Sociais manterá a reserva de praza actual para as actividades do curso 21/22


O Concello mantén o obxectivo de que as actividades Sociais do programa “Cultiva o teu lecer” podan retomarse o próximo curso. As restriccións actuais derivadas da crise sanitaria impediron que este ano chegasen a celebrarse.  

Por este motivo, de forma extraordinaria, o Departamento de Servizos Sociais permitirá manter a reserva da praza deste  curso para o vindeiro 2021/2022.

Poderán confirmar a reserva as persoas que teñan pagada a matrícula do curso 2020-2021, sempre que así o comuniquen ao departamento. Terán que facelo entre o 22 e o 26 de marzo próximos. Poden facelo de forma telefónica no Centro de Maiores A Baiuca no 981 659 095 de luns a venres de 9:00 a 14:00h.