Arteixo | Servizos sociais renova o seu compromiso con Agarimo


A concelleira de Servizos Sociales de Arteixo, Inés Ramos, renova o convenio polo que a asociación Agarimo recibirá 45.000 euros como axuda aos programas de formación e asesoramento que a entidade desenrola.

O obxecto do convenio é a regulación da colaboración entre o Concello de Arteixo e a ASOCIACIÓN AGARIMO para a execución de programas dirixidos aos colectivos incluídos no ámbito de competencias de ambas entidades, especificamente a execución dos programas de intervención socioeducativa con menores en risco de exclusión social.

O Concello de Arteixo colaborará nos custos do persoal que participa en dito programa de intervención socioeducativa con menores, que non están subvencionadas por ningún outro organismo nin público nin privado, extremo que a ASOCIACIÓN AGARIMO deberá xustificar.