Arteixo | Setembro trae de volta un Outono Cultural con aforo reducido


O Outono cultural é un dos programas que conta con máis seguidores en Arteixo no só pola oportunidade que se lles brinda de poder gozar de distintas linguaxes escénicas senón porque poden facelo de man de compañías e grupos fortemente consagrados no panorama artístico galego. Danza, Maxia, Teatro e ata un Musical son algunhas das disciplinas que se desenvolverán durante os meses de outubro, novembro e decembro no Centro Cívico Cultural de Arteixo, principalmente. A programación arranca este venres 25 de setembro ás 20:30 h con “Médula”, unha  peza de danza contemporánea a cargo da compañía coruñesa Exire. Polas medidas restrictivas aplicadas en Arteixo por mor da evolución da pandemia do COVID-19, o aforo permitido son 60 butacas. Esta cifra poderá variar en función do que dictaminen ao respecto as autoridades sanitarias.