Arteixo supera o seu padrón e chega aos 33.000 habitantes

Foto.- Cedida.

O padrón municipal do Concello de Arteixo rebasou a pasada semana esa cifra despois de que nos últimos doce meses se deran de alta preto de 700 novos veciños. En xaneiro de 2019 o padrón recollía 32.332 persoas rexistradas e agora en 2020 supera ás 33.000. 

As incorporacións ao padrón son, en boa medida, debidas ao número de nacementos, 270 no último ano o que converte a Arteixo nun dos sete, dos 313 concellos galegos, con saldo vexetativo positivo.