Arteixo tamén terá entroido virtual

O Concello de Arteixo invita á participación veciñal na festa tradicional máis divertida do ano para plantarlle cara á pandemia.

Podes enviar unha imaxe fotográfica co teu disfrace de choqueira/o a cultura@arteixo.org, indicando título, teléfono de contacto, nome completo e idade das/os participantes. As persoas menores de idade deberán enviar a correspondente ficha coa autorización asinada pola/o nai/pai/titor-a legal.

A participación grupal deberá respectar as restricións actuais dictadas pola COVID-19.

Será necesario acreditar que a fotografía corresponde ao ano que andamos por calquera medio. As admitidas subiranse ás canles do Concello de Arteixo (Facebook e Instagram) e as mellores poderán recibir algún agasallo conmemorativo.

O prazo de presentación rematará o 17 de febreiro de 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha