Arteixo terá conexión coa Rede Ciclista Metropolitana


A Deputación da Coruña investirá preto de 900 mil euros na construción desta infraestrutura, un orzamento que supón o 100% do custo total das obras. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, asinaron este venres o convenio para o financiamento das mesmas. Este novo carril bici da cidade de Arteixo enmárcase no ambicioso proxecto da Deputación para construír unha gran Rede Ciclista Metropolitana de 78 quilómetros de longo, que posibilitará percorrer todo o litoral coruñés desde Barrañán ata Mera, e no que a institución provincial investirá un total de 3,6 millóns de euros.