Arteixo toma medidas diante do aumento de contaxios por covid-19


Ante o aumento de casos de infección polo virus SARS-CoV-2 (COVID-19) rexistrado nas últimas datas no concello, e co fin de frear o aumento de número de casos positivos, o concello de Arteixo toma as seguintes decisións:

1. Suspender a Feira prevista para o próximo sábado no núcleo de Arteixo.

2. Pechar o público as áreas recreativas do Seixedo e Os Barreiros ata novo aviso.

3.A policía local reforzará o control dos locales de hostelería de Arteixo, en especial no relacionado cos cumprimento das normativas relacionadas coas terrazas.

O concello de Arteixo tamén quere recordar a todos os seus veciños que é imprescindible seguir as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a transmisión do coronavirus:

  1. Usar máscara seguindo as recomendacións sanitarias é obrigatorio en tódalas circunstancias.
  2. Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou solución hidroalcohólica.
  3. Manter unha distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  4. Evitar aglomeracións e sitios concurridos, así como evitar reunións con máis de 10 persoas tanto en lugares públicos (terrazas..) como privados (domicilios…).
  5. Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca, ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca co cóbado flexionado ou cun pano desbotable, tirándoo despois a unha papeleira.
  6. Con síntomas (febre, tose, dor de cabeza, perda de olfacto e gusto, diarrea,etc.) quedar na casa e contactar telefonicamente co seu/súa médico de Atención Primaria.