Arteixo tratará a expropiación dos terreos para construir a piscina de Meicende-Pastoriza

1 minutes read

O pleno municipal de Arteixo debatirá o próximo 28 de novembro a aprobación definitiva do expediente de expropiación dos 23.000 metros cadrados sobre os que se construirá a piscina de Meicende-Pastoriza. O Concello consigna 176.000 euros para o pago aos propietarios afectados.

Unha vez acadados os terreos iniciarase o trámite para licitar a obra xa que, neste mesmo ano, recibiuse o proxecto constructivo que terá un prazo de execución de ano e medio.

As novas instalacións estarán na zona verde próxima ó encoro de Meicende e pretende ofrecer ós veciños da zona un novo equipamento deportivo e de ocio.

A piscina elevaráse sobre unha zona de 20.000 metros cadrados dos que 5.700 metros serán edificables; 3.600m2 serán para aparcamentos e 13.700m2 para zona verde. A actuación servirá ademáis para acometer un pequeno paseo fluvial que conectará, cunha senda peonil, as beirarrúas que baixan de Pastoriza coa nova piscina. A instalación disporá de dúas piscinas, unha de iniciación; ximnasio de 500 m2 e tres salas para outras actividades deportivas.