Arteixo ultima a compra do Balneario para convertelo nun centro socio cultural

Cedida.

O edificio do Balneario de Arteixo costará 3 millóns de euros con cargo aos fondos da Fundación Amancio Ortega, será de propiedade municipal e transformarase nun centro socio cultural.

O Concello convoca a todos os grupos da corporación para unha comisión municipal na que se informará dos trámites necesarios para concretar a compra que, nos próximos días, formalizarase en escritura pública. 

Unha vez o edificio sexa de titularidade municipal, realizarase un proxecto de reforma e adecuación dos seus espazos para o seu aproveitamento público. 

O Balneario consta dun conxunto de edificios do século XVIII e é un elemento fundamental da historia de Arteixo. A zona na que se ubica xa dispón de outro equipamento público como a residencia de maiores e a escola infantil, tamén doados pola Fundación Amancio Ortega. 

O executivo quere que este emblemático edificio sexa un edificio público que ofreza servizos culturais e sociais a todos os cidadáns. Disporá de equipamento interxeneracional e o obxectivo é que redunde en beneficio de persoas de todas as idades.