Artesanía de Galicia participa na segunda edición do evento “un mercado en cada porto”

1 minutes read

A primeira parada deste evento ten lugar este domingo no paseo da praia de Lourido (Poio), en horario de 11:00 a 20:00 horas, e no que participarán diferentes obradoiros da marca Artesanía de Galicia. Un mercado en cada porto: mulleres artesás de Galicia é unha homenaxe ás antecesoras artesás.

Trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega. Despois de Poio, Un mercado en cada porto ten previsto pasar pola Praza do Curro de Portosín, o 10 de xullo; pola Alameda de Rianxo nas festas do Carme, o 17 de xullo; polo porto de Fisterra, o 25 de xullo; por Malpica, o 31 de xullo; e pola dársena da Coruña, o 28 de agosto.