Artesanía de Galicia volverá encher o Courel cos oficios artesanais do 3 ao 7 de agosto

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza por segundo ano consecutivo o evento Artesanía de Galicia no Courel, co obxectivo de impulsar a divulgación e a posta en valor dos oficios artesanais, de visibilizar a marca Artesanía de Galicia e de fomentar o relevo xeracional no sector. Durante cinco días, Artesanía de Galicia no Courel contará con 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como son a ourivería, o torno cerámico, o tecido, a restauración de mobles, a marquetería, a estampaxe, o bordado, a ilustración e a cestería. As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural Fondo de Vila, en Folgoso do Courel, e en tres localizacións da aldea de Parada: a sede da Fundación Uxío Novoneyra, a antiga escola unitaria e mais o aloxamento rural A Carbiña. Entre as actividades para as que é necesaria a inscrición previa atópanse os obradoiros de ourivería e de restauración de mobles, os dous de estampaxe téxtil, e os de marquetería.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha